xoves, 9 de maio de 2019

Música galega 1

Ola a todos!!!!Hoxe para todos vouvos  facer unha lista de instrumentos galegos,  espero que vos guste moito.

INSTRUMENTOS GALEGOS:
Gaita: E un instrumento de vento, consiste nun punteiro de madeira por onde se sopra e un fol onde se reserva o aire.  


Pandeireta: E un instrumento de percusión, formado por un aro redondo de madeira con ferreñas metálicas que soan ao bater coa man no pel estirado que se atopa por fóra do aro.

Cunchas: E un  instrumento de percusión tócase frotando unha contra outra pola parte de fora pode ser de vieira ou tamén se utilizan as de zamburiña

Culleres: E un instrumento de percusión trátase de bater unha culler contra outra polo cú suxeitadas polo mango cunha man baténdoas  no muslo e na palma da outra man póden ser metálicas ou de madeira segundo queiramos un son máis agudo ou máis grave.                                                                                                                                                                                             
                                                                                           
Pandeiro: Instrumento de percusión trátase dun marco de madeira con pel estirada cosida por ambas caras tócase batendo nel cas dúas mans utilízase sobre todo nas pandeiradas.


Bombo: E un instrumento de percusión de son grave, consiste nun aro de madeira e metálico de grandes dimensións con dúas caras de pel, tócase batendo cunha maza nunha das caras, marca o ritmo.


ADEUS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario