sábado, 18 de maio de 2019

Can morre envelenado nunha praia da Pobra


Can morre envelenado  nunha praia  da Pobra
Can envelenado




 


 Aquí vese o can antes de 3 horas que morrerá. Imaxe de Chiemsee2016. Fonte de pixabayDe  Chiemsee
                         

NATALIA NS.  A POBRA DO CARAMIÑAL  02/06/2019/12:03

O martes pasado as 21.30 da noite unha parella de namorados foron pasear ao seu can de raza ( Golden Retriever) na Praia dos Areos.
Eles despistáronse e o seu can escapouse.
Un home chamado Xosé Martínez foi quen veu ao pobre can morto na praia. Nada máis velo chamou a policía civil da Pobra, os policías chegaron enseguida levaron ao can e chamou a dona., mirando o colar do can onde poñía o número de teléfono. 
Cando os donos chegaron levaron un gran desgusto.
Despois os policías comezaron a facerlle probas ao can. Morreu pola causa dunhas plantas envelenadas chamadas Jotk.
 Ao día seguinte A Xunta informou a todos os cidadáns da noticia, e o Concello quitou todas as plantas. 
Damos as grazas xa que podería ser peor e podería provocar a morte dun neno.

xoves, 9 de maio de 2019

Música galega 2

Ola a todos e a todas!!
Hoxe veño a seguir falando sobre a música galega:

MUSICA GALEGA:
A música tradicional ou música folclórica é a música que se transmite de xeración en xeración antigamente pola vía oral e hoxe en día  tamén academicamente,  forma parte dos valores e da           cultura dun país.
A música tradicional galega caracterízase polos seus instrumentos tradicionais (explicados na entrada anterior) e polas súas formas: Muiñeiras, xotas, maneos, pandeiradas...                                                 
pixabay


ADEUS!!!!

Música galega 1

Ola a todos!!!!Hoxe para todos vouvos  facer unha lista de instrumentos galegos,  espero que vos guste moito.

INSTRUMENTOS GALEGOS:
Gaita: E un instrumento de vento, consiste nun punteiro de madeira por onde se sopra e un fol onde se reserva o aire.  


Pandeireta: E un instrumento de percusión, formado por un aro redondo de madeira con ferreñas metálicas que soan ao bater coa man no pel estirado que se atopa por fóra do aro.

Cunchas: E un  instrumento de percusión tócase frotando unha contra outra pola parte de fora pode ser de vieira ou tamén se utilizan as de zamburiña

Culleres: E un instrumento de percusión trátase de bater unha culler contra outra polo cú suxeitadas polo mango cunha man baténdoas  no muslo e na palma da outra man póden ser metálicas ou de madeira segundo queiramos un son máis agudo ou máis grave.                                                                                                                                                                                             
                                                                                           
Pandeiro: Instrumento de percusión trátase dun marco de madeira con pel estirada cosida por ambas caras tócase batendo nel cas dúas mans utilízase sobre todo nas pandeiradas.


Bombo: E un instrumento de percusión de son grave, consiste nun aro de madeira e metálico de grandes dimensións con dúas caras de pel, tócase batendo cunha maza nunha das caras, marca o ritmo.


ADEUS!!!